O Partido Socialista Obrero
Español únese un ano máis á conmemoración do Día Internacional para a Abolición
da Escravitude, instituído pola ONU e no que se lembra a data na que a Asemblea
Xeral aprobou, o 2 de decembro de 1949, o Convenio para a represión da trata de
persoas e da explotación.
O recoñecemento dos dereitos
universais para todas as persas foi un trunfo da igualdade, a liberdade e a
dignidade de todos os seres humanos. A abolición da escravitude representa máis
que un símbolo, é a voz que finalmente foi escoitada e á que se lle deu senso.
Os anos de brutal sometemento que
padeceron os millóns de africanas e africanos que foron arrancados das súas
terras e levados ao outro lado do Atlántico, acabaron pola firme disposición de
homes e mulleres que entenderon que todos os seres humanos nacemos libres e
iguais en dignidade e dereitos.
Esas leis contra a vergoña
supuxeron o inicio dun camiño longo na pescuda da equidade. Un camiño que
pretende erradicar con todo tipo de discriminación por orixe racial ou étnico,
que tenta acabar coas desigualdades sociais e económicas ás que historicamente
estiveron sometidos os máis desfavorecidos, e en especial as comunidades
africanas e afrodescendentes de América e de Europa.
A pesar de que transcorreron
oitenta e cinco anos dende que entrou en vigor a Convención sobre a
Escravitude, esa práctica deshumanizante adquiriu novas formas no século XXI.
Grazas ao movemento contra a escravitude, a comunidade internacional alzou
unida a súa voz para declarar que as prácticas da escravitude constitúen unha
afronta á nosa humanidade común e que ningún ser humano de ser propiedade doutro.
A pesar desta toma de conciencia, hoxe en día existen 21 millóns de mulleres,
homes e nenos/as que son escravos no mundo, e en moitos países esta adquire
forma de exclusión e segregación.
A segregación debilita a convivencia
e o respecto á diversidade. As mulleres e homes socialistas apostamos
firmemente por un modelo inclusivo no que a interculturalidade sexa a base para
a construción dunha sociedade máis plural, combatemos as inxustizas e
traballamos para erradicar a pobreza, a marxinación, o analfabetismo, a
violencia contra as mulleres, os abusos cometidos contra a infancia e calquera
tipo de desigualdade que supoña unha fractura do modelo social que propugnamos.
Neste día queremos reiterar o
noso compromiso co cumprimento das leis contra calquera tipo de escravitude, e
reafirmamos a nosa aposta por logra un país máis xusto e igualitario, onde
caibamos todos e todas, e onde o respecto á diversidade sexa a clave.
As nación Iberoamericanas puxeron
nas súas axendas as políticas afro como prioritarias, e España debe asumilo co
rigor preciso na defensa da poboación afroaespañola a quen se nega a súa
pertenza a esta terra por prexuízos que xa deberían estar superados nesta
sociedade global da que formamos parte.
Reclamamos do Goberno español que
implemente adecuadamente e sen dilación os instrumentos establecidos na Directiva
2000/43/CE relativa á aplicación do principio de igualdade de trato das persoas
independentemente da orixe racial ou étnico a través dunha Lei Integral de
Igualdade de Trato e non discriminación, así como o cumprimento da Proposición
non de Lei sobre Memoria da escravitude, recoñecemento e apoio á comunidade
moura, africana e de afrodescendentes en España, que presentada polo grupo
socialista, foi aprobada por unanimidade dos grupos parlamentarios no Congreso
dos Deputados no ano 2009.
Tanto os afroespañois como as
poboacións africanas e afrodescendentes que viñeron doutras nacións que
conviven con nós, merecen ser respectadas. A inclusión debe levar á
identificación de referentes mediante o empoderamento social e político. O
Partido Socialista impulsa a través do seu grupo Federal Afrosocialsita a
inclusión activa e o exercizo da participación política da poboación afro no
noso país.
A declaración do Decenio dos
Afrodescedentes que pronto verá a luz é
unha aposta máis da ONU por defender o dereito de todas e de todos a gozar pola
igualdade e a liberdade.
As mulleres e homes socialistas,
xunto o Grupo Federal Afrosocialista, reafirmamos o noso reto de seguir na senda da extensión de
dereitos da cidadanía e de empoderar aos máis débiles para que a súa voz sexa
escoitada e atendida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario