As Xuventudes
Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixiron hoxe a dimisión
inmediata de Gabriel Martín, vicepresidente segundo do Consello de
Estudantes Universitario do Estado (CEUNE), polo que consideran “unha
constante falta de imparcialidade vergoñenta para unha persoa que
ten que representar a todo o estudantado universitario”.
Os mozos/as socialistas
denuncian as constantes calumnias e faltas de respecto que este
membro das Novas Xeracións do PP realiza a Xuventudes Socialistas,
mentres exerce un cargo no Órgano colexiado de todos os
universitarios de España.
O secretario xeral das
XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “mentres as taxas se
incrementan e as bolsas se retallan escanda.losamente, este mal
chamado representante de estudantes, está máis preocupado por
descualificar todo o que non sexa rancio e de dereitas para facer
méritos co seu amiguiño Wert”.
“Con declaracións
nas que – engadiron dende a Organizción- se nos acusa de 'fomentar
a violencia e a crispación', Gabriel Martín só evidencia, dende o
seu decoñecemento e falta de respecto, que non está capacitado para
representar á totalidade dos estudantes universarios do noso país”.
“Dende as Xuventudes Socialisas defendemos uns principios
autonomamente como Organización xuvenil política, algo ao que non
semella estar acostumado dende a súa militancia nas NNXX”.
Aitor Bouza concluíu
asegurando que “son moitos os mozos/as que abertamente presentan o
debate sobre o modelo de Estado, se Martín no é capaz de telos en
consideración só lle queda presentar a súa dimisión do seu cargo
no Órgano colexiado do Consello de Estudantes Universatario do
Estado”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario