As
Xuventudes Socialistas de Ferrol solicitaron hoxe que a ministra
Báñez deixe o seu posto, despois de reducir a unha mera “mobilidade
exterior” o feito certo de que milleiros de persoas deste país se
viron obrigados a saír de España na pescuda dun posto de traballo.
Para
o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “quedou demostrado
que a ministra Báñez non ten os pés no chan, non debe vivir no
mesmo país que os parados aos que debería axudar”. “Os
socialistas, a través da deputada María González Veracruz,
demostramos que sentimos como parte da cidadanía que somos, que son
milleiros de mozos/as que abandonaron o país na pescuda dun posto de
traballo, pero non chocamos cunha ministra ou ignorante ou, o que
aínda peor, irresponsable”.
Os
mozos/as socialistas remarcaron que “do Ministerio que dirixe, se
se lle pode chamar dirixir, a ministra Báñez non parou de saír de
despropósitos dende hai ano e medio. A cidadanía percibiu que as
políticas de emprego están en mas dunha perfecta incompetente, unha
persoa alonzada da realidade, que só ve números e non ve dramas
persoais e que non só non reduciu o paro xuvenil, senón que
empurrou a milleiros de mozos/as a abandonar o país, á
precariedade ou a aumentar as cifras do desemprego”.
Dende
a Organización concluíron que “unha ministra que tivo que aceptar
a regañadentes a garantía xuvenil proposta polas institucións da
UE para logo facer en España unha chapuza de plan de emprego
xuvenil, unha ministra que se saltou xuntanzas dos ministros de
emprego da UE cunha frialdade inaceptable, unha ministra que só é
foco de problemas xusto onde o país precisa máis solucións só
debe ter un destino: deixar o Ministerio como primeiro paso para que
o Goberno se tome en serio o paro xuvenil e o exilio económico”.
Vídeo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario