As Xuventudes
Socialistas de Ferrol presentaron hoxe a campaña
#nuevoPAPAnuevasNORMAS, coa que pretenden reclamar que os 6.500
millóns que actualmente percibe ao ano a Igrexa Católica se
destinen a evitar os retallos que as políticas de educación,
sanidade ou dependencia sufriron nos últimos exercizos.
Para o secretario xeral
das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “despois de máis de tres décadas cos
actuais Acordos, a Igrexa non só non avanzou cara o seu
autofinancimento, como se comprometeu, senón que aumentou a súa
dependencia de cartos públicos, uns cartos que hoxe ascenden a 6.500
millóns de euros e que podería destinarse a evitar os retallos en
bolsas, en sanidade, en dependencia, en cultura, en definitiva, a
evitar os profundos retallos en políticas sociais que afectaron ao
conxunto da sociedade española”.
Bouza remarcou que “a
campaña non pretende ir contra a Igrexa Católica, e expresou o seu
respecto polo conxunto das confesións, pero é evidente que a
sociedade española evoluíu dende que asinaron os Acordos vixentes,
e que a posición que a Igrexa ocupa na nosa sociedade xa non é a
mesma que en 1978, polo que é preciso afondar na separación da
Igrexa e o Estado, reformar a Constitución para definir a España
como un Estado laico, e dar paso ao autofinanciamento da Igrexa, un
obxectivo que non se cumpriu, e que xa estaba presente no Acordo de
1978”.
Os mozos/as socialistas
aseguraron que “a Igrexa Católica recibe máis de 6.500 millóns
de euros anuais entre exencións fiscais e percepción directa das
arcas públicas. Unha cantidade equivalente a tres veces o orzamento
do Ministerio de Educación”. “Con esta cantidade -engadiron- tse
ivese completado o obxectivo de déficit marcado por Europa para 2012
ou destinado tres veces máis inversión para emprego mozo que o que
fixo até agora o Goberno de Mariano Rajoy.”
En opinión das
Xuventudes Socialistas “ante o duro drama de políticas de retallos
que están sufrindo os españois, con esta partida nos tiveramos
aforrado o decretazo en sanidade que fixo o PP hai un ano ou non se
tivera retallado o orzamento en materia de servizos sociais e hoxe
771.000 persoas seguirían gozando das axudas da Lei de Dependencia.”
Dende a Organización
concluíron que “a intención da Xuventudes Socialistas é que o
PSOE asuma como propia esta necesidade do autofinanciamento da Igrexa
e da separación da Igrexa e do Estado, no marco dos debates da
Conferencia Política socialista, pero anunciaron que, de non
aceptarse a proposta, os mozos/as socialistas iniciarán os pasos
dunha Iniciativa Lexislativa Popular para lograr este avance.”
Imaxes da campaña
en:
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.4986447742619.1073741827.1342295810&type=3
No hay comentarios:
Publicar un comentario