martes, 7 de febrero de 2012

As XSG de Ferrol esixen ao PP que retire o recurso contra o matrimonio homosexual para ser coherentes co seu propio Goberno

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) aseguran que as recentes declaracións de Alberto Ruiz-Gallardón, ministro de xustiza, nas que afirma que “non aprecia inconstitucionalidade no matrimonio homosexual” deben seguirse coa retirada polo PP do recurso presentado no Tribunal Constitucional. Para as XSG-Ferrol, “trátase dun exercizo de coherencia do PP co seu propio Goberno porque, do contrario, se podería pensar que as declaracións de Gallardón son só unha excusa coa que o ministro pretende lavarse as mans e ficar ben ante a sociedade no caso de que o Tribunal Constitucional (TC) acepte o recurso interpuesto polo PP en 2005”.

Para os mozos/as socialistas, Gallardón exemplifica á perfección “a incongruencia que o Partido Popular vén demostrando ultimamente entre o que dice e o que fai, o que demostra o descontrol que ten Rajoy no seu Gobierno”. Neste sentido, o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, asegura que “non se pode recorrer unha lei ante o TC e permitir que, nada máis e nada menos, o ministro de xustiza diga que para el non é inconstitucional”. “De feito –engaden– se Gallardón considera que non é inconstitucional o que debería facer é pedirlle ao seu partido que retire o recurso”.

Ademais, a organización considera que con estas declaracións “o PP pretende, por un lado, presionar ao TC a que dite unha sentenza favorable ao seu recurso e, por outro, ficar ben con quenes rexeitan o recurso mostrando unha voz discrepante no Goberno”.

Para as XSG-Ferrol “o populismo do que está facendo gala o Partido Popular coa súas decisións e declaracións roza a indecencia política e non é digno dun Goberno cuxas prioridades deben ser saír da crise e resolver o paro”. Porén, dende a organización esixen a Rajoy “que pida ao seus ministros que se poñan de acordo antes de falar e que se cambiaron de opinión sobre o matrimonio homosexual que o digan claramente, que retiren o recurso e que recoñezan que se equivocaran”.

No hay comentarios: