sábado, 25 de febrero de 2012

XSG-Ferrol esixe ao PP que remate coa política do “primero retállote, e logo, golpéote”

Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixe ao Partido Popular que “abandone a política de retallos sociais que está afundindo o noso país e que retire, de inmediato, a reforma laboral que deixa, exclusivamente, en mans da patronal o futuro de todos os traballadores/as”. Ademais, a organización asegura que o contrato de emprendedores que propón o PP é un coladeiro de precariedade laboral, xa que o empresario pode despedir a un empregado cando se lle antolle e sen xustificación algunha o que xerará máis desemprego e máis inxustiza laboral aos traballadores/as.
Os mozos/as socialistas denuncian que “ao final, o Partido Popular logrou o seu obxectivo: que a mocidade só acceda a traballos precarios nos que poden ser despedidos libremente sen indemnización”. Todo un avance para a CEOE e un retroceso para os mozos/as.
O secretario xeral das XSG-Ferrol afirma que co PP os traballadores/as sempre viron mermar os seus dereitos e lembran que isto “xa ocorreu co despido express e que agora os cidadáns volven a sufrir outro decretazo laboral co que se deterioran as súas condicións de traballo e se fomenta o despido libre”.
Ademais, dende a organización esixen ao Partido Popular que “teña un mínimo de respecto democrático” xa que “ o Goberno ao mofarse e acusar de violentos a quenes se opoñen á súa política de retallos o que está demostrando é que non respecta nin aos cidadáns nin á democracia”. E, lémbranlle ao PP que “o feito de ter maioría absoluta non lle outorga o poder de impor nin a súa ideoloxía, nin o seu criterio, nin os seus valores aos cidadáns”.

No hay comentarios: