viernes, 2 de marzo de 2012

XSG-Ferrol: “Rajoy como presidente do PP exerce de estratega, pero como presidente do goberno é un irresponsable”

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) consideran que “Rajoy como presidente do PP exerce de estratega, mais como presidente do goberno é un irresponsable xa que, prefire atrasar os Orzamentos Xerais até que se celebren as eleccións andaluzas e asturianas antes que gañar credibilidade dentro da Unión Europea para mellorar as posibilidades de flexibilizar o déficit”. Unha decisión que, para os mozos/as socialistas, demostra o egoísmo dun Goberno que antepón os seus intereses electorais partidistas ao beneficio e a credibilidade de todo un país.
A organización asegura que “tralo machadazo do PP as políticas sociais o único que se conseguiu é dificultar, aínda máis, o futuro de moitos españois que agora teñen menos dereitos civís e laborais”. Neste senso, XSG-Ferrol recomenda ás Novas Xeracións do PP que “na súa campaña “Nuevas informa” dediquen un apartado exclusivo a informar sobre o retallo de dereitos sociais, o aumento da precariedade laboral e desenvolvan como as políticas do PP estannos a levar a unha década de recesión”.
Os secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, esixiu a Rajoy que, tralos malos datos do paro do mes de febreiro, retire a reforma laboral, pois só xerará máis desemprego e inseguridade para os traballadores/as. Para as XSG-Ferrol, “con Rajoy non se amañou nin se amañará o problema do paro no noso país pois, de momento, a súa única solución foi presentar unha reforma cuxa característica principal é o despido libre e barato”.
As XSG-Ferrol consideran, ademais, que “o feito de que Rajoy asegure que incumprirá o obxectivo de déficit de maneira unilateral, sen contar co consenso europeo, demostra a irresponsabilidade dun presidente que, mentres o desemprego entre os mozos/as volve a subir, o que presenta para alcanzar ese déficit son novos retallos e máis precariedade laboral”. “Unha resposta -engaden- coa que non sairemos da crise, senón que non afundiremos máis na recesión e, con elo, incrementaremos, aínda máis, o desemprego”.

No hay comentarios: