jueves, 8 de marzo de 2012

XSG-Ferrol asegura que non tolerará que o PP faga retroceder ás mulleres 30 anos en materia de igualdade

Xuventudes Socalistas de Ferrol (XSG-Ferrol) conmemora o Día da Muller lanzando a campaña elaborada a nivel Federal pola Organización co título “Non somos retallables” coa que denuncian os retallos en políticas de igualdade realizados polo Goberno de Rajoy. Para a Organización “os retallos en dereitos fundamentais así como o desmantelamento de estruturas e institucións levados a cabo polos gobernos autonómicos do PP fan que as mulleres do noso país retrocedan máis de 30 anos na súa loita pola igualdade real e efectiva.
Os mozos/as socialistas denuncian, ademais, que “a reforma laboral que non impón o PP tamén supón un retroceso para as mulleres, pois dificulta a conciliación familiar e laboral e fulmina prórroga dos convenios colectivos nos que se recollían as medidas de igualdade no traballo”. Para XSG-Ferrol “os avances lexislativos en materia de igualdade logrados grazas aos Gobernos do PSOE corren o risco de desaparecer co Goberno do PP que en vez de reforzar o Estado do Benestar dedícase a destruílo coa excusa da crise”.
Para o PP a loita pola igualdade nunca foi unha prioridade como demostra a modificación da actual Lei de Interrución Voluntaria do Embarazo por unha de 1985 ou a posible volta á píldora postcoital con receta médica” aseguran os mozos/as socialistas. “De feito -engaden dende XSG-Ferrol- cando gobernan limítanse a promover medidas e parches para que só as mulleres concilien, obviando o principio de corresponsabilidade, para que sigan asumindo o peso de todas as responsabilidades familiares e o rol propio dunha concepción caduda e machista da sociedade”.
Por último, o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, asegura que seguirá defendendo a igualdade real e efectiva das mulleres polo que esixe a Rajoy que “manteña a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e a IVE, modifique a reforma laboral para garantir a conciliación laboral e a igualdade no emprego e manteña os orzamentos e subvencións destinados a políticas de igualdade”. Neste senso, concluíu Bouza que “non toleraremos os amagos de retroceso que co pretexto da crise ameazan a igualdade, coa tentación de “devolver as mulleres ao fogar” perpetuando roles e estereotipos tradicionais baseados na división sexual do traballo”.

No hay comentarios: