miércoles, 14 de marzo de 2012

As XSG-Ferrol esixen a Novas Xeracións que defenda á mocidade fronte aos ataques do PP

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) recomendan a Novas Xeracións (NNXX) que “se quere coñecer as políticas mozas do PP deixe de reunirse con membros do seu partido e lea o BOE porque quizais así se darán conta de que o que está facendo o Goberno do PP non é unha política para a mocidade, senón contra esta”. A Organización afirma, ademais, que “unha de dúas, ou Novas Xeracións non defende os intereses dos mozos/as ou non se enteraron de que o Goberno do PP é o que se cargou a renda básica de emancipación, reduciu á metade as bolsas e condenou a todos/as os mozos/as que acceden a un traballo á posibilidade dun despido gratuíto e á máis absoluta precariedade laboral”.

Porén, XSG-Ferrol esixe a NNXX que “deixe de dar titulares e comece a facer máis política moza, pois de momento o único que fixeron polos mozos/as é apoiar a un Goberno que dificulta, aínda máis, as súas posibilidades de emanciparse, de estudar e de conseguir un traballo digno”. E pregúntanse “se, por exemplo, NN está de acordo co contrato de emprendedores que permite que a un mozo/a o poidan despedir gratir ao cabo dun ano ou se tamén de acordo coa redución das bolsas á metade”.

Por último, o secretario xeral de XSG-Ferrol, Aitor Bouza, considera que “se NNXX quere facer algo polo mozo/as que comece pedindo ao seu propio partido que realice políticas de emprego mozo en vez de abaratar o despido; que incremente os orzamentos destinados a bolsas e que recupere a renda básica de emancipación”. Algo que o dirixente socialista considerou “imposible que suceda, xa que nin Novas Xeracións vais a defender aos mozos/as nin o PP vai a levar a cabo políticas mozas que protexan o futuro da mocidade”.

No hay comentarios: