martes, 13 de marzo de 2012

XSG-Ferrol tacha de “mentiroso” a Wert por enganar aos estudantes ao retallar as bolsas

Xuventudes Socialistas de España (XSG-Ferrol) considera que o retallo do 50% en bolsas e axudas ao estudo de idiomas no estranxeiro é “inaeptable posto que, na situación de crise que vivimos, é fundamental invertir en Educación”. A Organización afirma que “con este retallo o ministro José Ignacio Wert demostrou que é un mentiroso xa que, hai unhas semanas, asegurou que non ía a reducir os orzamentos destinados a bolsas e o primeiro que fixo foi retallalas á metade enganando a miles de estudantes”.

Os mozos socialistas aseguran que “o PP continúa desmantelando o Estado de Benestar con retallos en educación e sanidade o que demostra que o que menos lle interesa é o benestar común e a igualdade de oportunidades”. Para XSG-Ferrol “resulta irónico que o Goberno de Rajoy fale de fomentar o bilingüismo cando o que fai con estes retallos é, precisamente, imposibilitar a quenes teñen menos capacidade económica a aprender un idioma no estranxeiro”.

Neste senso, o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, asegura que “cando o PP fala de “racionalizar” os cidadáns teñen que botarse a tremer, pois do que están a falar en realidade é de outro retallo nos seus dereitos sociais”. E poñen como exemplo ao ministro de educación que falou de “racionalizar a oferta educativa” e o que fixo “é retallar en bolsas e axudas ao estudo”.

A Organización reprocha, ademais, que o ministro Wert vincule as bolsas a excelencia xa que consideran que o actual sistema de bolsas é eficiente, sostible e xusto con todos aqueles estudantes que para poder estudar precisan unha bolsa. Porén, esixen ao ministro que “manteña o mesmo orzamento de bolsas e axudas ao estudo destinado o ano pasado” e recoméndanlle que “sexa sinceiro e que diga aos estudantes se pensa seguir retallando os seus dereitos e dificultando o seu acceso a un ensino púlico de calidade”. 

No hay comentarios: