jueves, 22 de marzo de 2012

As XSG-Ferrol esixen a Wert que compareza para explicar se van a continuar os retallos no ensino público

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixen ao ministro de educación, José Ignacio Wert, que compareza para explicar en que están consistindo os “estudos sobre racionalización e incremento de taxas universitarias” que o seu Ministerio asegura estar levando a cabo. Os mozos/as socialistas advirten de que “co anuncio destes estduso o que quere Wert é que os cidadáns se fagan á idade de que continuarán os retallos en educación porque o Goberno do PP é incapaz de atopar outra solución á crise que non consista no asestar un hachazo ao Estado do Benestar”.

A organización asegura que “se se mantén, como dixo Wert, a ratio de 55 alumnos/as para manter unha carreira universitaria póñense en risco moitas titulacións precisas para a sociedade”. “Con esta proposta -engaden- o único que conseguirá o PP será que o mercado dite as carreiras que teñen que estudar os alumnos/as limitando a posibilidade de elección”.

Ademais, XSG-Ferrol considera que o “incremento no prezo das taxas universitarias, das que falou o ministro, supón outro ataque máis á educación pública, pois dificultará o acceso á esta de moitos estudantes que, precisamente en época de crise, deberían ter máis facilidades para acceder á educación e non todo o contrario”.

Por último, o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “o último ataque que pretende perpretar Wert vai contra o ensino público de primaria e secundaria ao querer aumentar desmesuradamente o número de alumnos/as por profesor/a prexudicando, así, aos estudantes do ensino público”.
As XSG-Ferrol esixen, porén, que o ministro explique en que consisten os estudos que está levando a cabo e se a súa intención é acabar, definitivamente, coa educación pública a través de dificultar o seu acceso ás persoas con menos recursos, diminuír o número de bolsas e incrementar a ratio de alumnado por profesor.

No hay comentarios: