miércoles, 28 de marzo de 2012

As XSG-Ferrol cren que a reforma laboral merécese unha folga xeral e unha resposta contundente da sociedade

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) afirman que “a reforma laboral merécese unha Folga Xeral e debe ter unha resposta contundente da sociedade, xa que ataca directamente aos traballdores/as ao limitar os seus dereitos e reducir a súa capacidade de negociación coas empresas”. Porén, a Organización esixe ao PP que “retire, de inmediato, a reforma laboral que deixa, exclusivamente, en mans da patronal o futuro de todos os traballadores/as”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, considera que “os mozos/as deben acudir á folga para defender os seus dereitos laborais e mostrar os seu rexeitamento a unha reforma que admite, por exemplo, que se poida despedir a un empregado cando se lle antolle ao empresario ou un contrato de emprendedores co que a mocidade vese máis desprotexida que nunca ao permitir o despido sen indemnización tras un ano de traballo”.

Os mozos socialistas entenden que “o decretazo laboral do PP debe ter unha resposta firme na rúa, xa que o Goberno non quixo chegar a entendementos cos axentes sociais nin cos partidos políticos no Congreso”. De feito – engaden- o PP podía ter evitado que chegáramos a esta situación se en vez de acatar as ordes da patronal tivese desexado atopar o consenso con todos os axentes implicados, pero preferiu devolver os favores aos empresarios antes que realizar unha reforma laboral xusta”. Neste senso, as XSG-Ferrol consideran que “o Goberno realizou unha reforma abertamente inconstitucional porque consagra o despido libre no primeiro ano e rompe coa negociación colectiva”.

A organización espera que a “folga de mañá sirva para que o Goberno reflexione e retire unha Lei coa que os traballadores/as retroceden máis de 30 anos nos dereitos laborais e que, de manterse, será recordada como a peor reforma laboral realizada por ningún Goberno no noso país”. “A folga – para XSG-Ferrol- servirá para que o Goberno non opte por atallos nin camiños fáciles na saída da crise: non poden nin deben ser os traballadores/as quenes padezan os efectos da situación económica”.

Porén, as XSG-Ferrol entenden que “a resposta por parte da sociedade ante a reforma será firme e contundente”, xa que “non cabe outro tipo de resposta ante unha Lei coa que o PP non só pretende demoler os cimentos dos dereitos laborais conseguidos polos traballadores/as senón, que, ademais, xerará máis desemprego e máis inseguridade laboral”. 

No hay comentarios: