viernes, 24 de febrero de 2012

XSG-Ferrol afirma que nunca un ministro fixo en menos tempo, tantas declaracións para gañarse o seu cese

Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixe a Jose Ignacio Wert, ministro de educación, que “se dedique, dunha vez por todas, á súa labor como ministro e deixe de pescudar continuadamente a polémica para lograr titulares”. Neste senso, os mozos/as socialistas lémbranlle a Wert que a súa faceta como tertuliano acabou hai tempo e que “o único que consegue coas súas declaracións é demostrar o seu descoñecemento sobre a realidade social e educativa do noso país”. Ademais, a Organización considera que “a falta de rigor e seriedade que mostra o ministro á hora de realizar calquera declaración son méritos máis que suficientes para o seu cese inmediato”.
XSG-Ferrol asegura que dende o primeiro momento, o ministro non pasou desapercibido grazas a declaracións tan controvertidas como que “a educación pública deixou de contribuír á sociedade”. Unha opinión coa que Wert semella terse olvidado de que a educación pública é o motor de igualdade de oportunidades e desenvolvemento no noso país, e que quenes están deixando de contribuír á sociedade son, precisamente, o Partido Popular e as súas políticas de retallos.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, criticou, ademais, que Wert califique as protestas dos estudantes valencianos de “violentas e ilegais”, e considera que “o verdadeiramente ilegal son as pésimas condicións nas que a Generalitat deixou a educación pública valenciá”. Para os mozos/as socialistas outras das imprudencias dialécticas de Wert levoulle a atribuír que “a fuga de cerebros débese a estranxeiros nacionalizados no noso país”. Outra mentira máis coa que o ministro quixo enganarnos xa que, desgrazamente, son moitos mozos/as que se viron obrigados a pescudar oportunidades fóra de España.
As mulleres tamén foron obxecto das declaracións de Wert nas que chegou a afirmar que “a incorporación da muller ao traballo incide negativamente na familia” demostrando o pensamento machista que predomina na ideoloxía conservadora do Partido Popular e que “non é digna dun ministro de educación que representa ao noso país”.
Porén, XSG-Ferrol esixe a Wert que comece a traballar pola educación, a cultura e o deporte do noso país, xa que “de momento, non fixo nada produtivo polo seu Ministerio” e recoméndanlle que “se considera que non é capaz de elo, renuncie ao seu cargo”.

No hay comentarios: