jueves, 23 de febrero de 2012

Os mozos/as socialistas organizarán esta fin semana unha xornada política na que o debate será o eixo fundamental deste acto

As Agrupacións de Xuventudes Socialistas de Santiago, Culleredo, Betanzos, Narón e Ferrol volverán a unir as súas forzas esta fin de semana para realizar a xornada política que terá lugar en Culleredo os días 25 e 26 de febreiro. Segundo o exposto polas organizacións o primeiro día levarán a cabo catro debates, no que en cada un deles tratarán unha área diferente: “Educación”, “Economía e emprego”, “Modelo de partido”, e “Mocidade activa”. “O segundo día 26 – explicaron os mozos/as socialistas- transmitiremos e debatiremos as conclusións do día anterior cos candidatos/as ao 12º Congreso do Partido dos Socialistas de Galicia, dos cales o único presentado até a data xa confirmou a súa asistencia para escoitar as nosas propostas e debatelas canda nós.”
As Agrupacións lembran que “nas vindeiras semanas participaremos no 12º Congreso do Partido dos Socialistas de Galicia, polo que esta conferencia queremos que sirva de espazo de debate entre militantes, simpatizantes e mocidade en xeral. Neste senso expuxeron que“o noso obxectivo principal é lograr un consenso sobre os aspectos que máis lle importan á mocidade, entre todos/as participantes, para poder trasladarllo así ao candidato ou candidatos/as ao Congreso Nacional do PSdeG-PSOE”.
Segundo os mozos/as socialistas “a sociedade e o noso partido precísanos e somos conscientes de que temos que estar á altura das circunstancias, temos moito que facer e moito polo que loitar”. “Estamos convencidos- engaden dende as Agrupacións das XSG- de que temos que construír o futuro, participando do presente e sen esquecer os nosos valores que nos definen”.
Para finalizar fixeron un chamamento “a todos e todas os mozos/as a participar neste gran foro de debate para poder contrastar ideas, debatir e compartir opinións, co fin de que o noso partido se enriqueza coas nosas achegas e se fortaleza o socialismo galego”.

LUGAR:

Pazo de Villa Melania, sito na Avda. Vilaboa nº 42 (Culleredo).

PROGRAMA DA XORNADA:

Día 25:
9:00 a 10:00 Acreditacións.
10:00 a 10:30 Inauguración da xornada política.
10:30 a 12:00 Debate sobre educación.
12:00 a 12:30 Pausa-café.
12:30 a 14:00 Debate sobre economía e emprego.
14:00 a 16:30 Xantar.
16:30 a 18:00 Debate sobre modelo de partido.
18:00 a 18:30 Pausa-café.
18:30 a 20:00 Debate sobre mocidade activa.

Día 26:
11:30 a 12:00 Presentación das conclusións aos candidatos/as.
12:00 a 14:00 Debate das conclusións cos candidatos/as.

No hay comentarios: