martes, 14 de febrero de 2012

XSG-Ferrol denuncia que o PP antepón a súa ideoloxía ultraconservadora á saúde sexual

Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) celebra o Día da Saúde Sexual e Reprodutiva lanzando a campaña “Co PP damos marcha atrás” coa que queren denunciar a “deixadez e irresponsabilidade que está mostrando o Partido Popular con respecto á súa política en materia de dereitos sexuais e reprodutivos”. Para os mozos/as socialistas os avances logrados en saúde sexual como a Lei de saúde sexual e reprodutiva están desaparecendo a mans do goberno de Rajoy “que antepón a súa ideoloxía conservadora ao benestar común e á mellora en materia de saúde sexual e reprodutiva”.
Pola contra que o anterior goberno socialista que prestou especial atención á educación sexual e á prevención, para o goberno do PP “a sexualidade é un tema tabú e as políticas en torno a ela brillan pola súa ausencia”. O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, lembrou que “o PSOE mellorou a atención sanitaria cun incremento dos centros de planificación familiar, a formación dos profesionais e a atención ás embarazadas” mentres que “o PP dedicouse a reducir os orzamentos destinados a planificación familiar, o que supuxo o peche de centro e a eliminación de campañas de educación e prevención”.
Ademais, os mozos socialistas consideran que a refoma da lei do aborto coa que se volve á de 1985, é dicir, 30 anos atrás, supón “un retroceso inxustificable que atenta contra a liberdade das mulleres a decidirse sobre a súa maternidade”. Unha modificación “conservadora e retrógrada” á que se engade a posibilidade de que a píldora postcoital volva a ser dispensada con receta e o rexeitamento a que os mozos/as reciban educación sexual coa eliminación da materia de educación para a cidadanía.
Para a organización “as medidas que o goberno está tomando en materia de saúde sexual proceden da súa mentalidade ultraconservadora” e aseguran que “o PP quere eliminar todos os avances conseguidos até agora para limitar a liberdade dos cidadáns deste país a vivir da maneira máis sana, consciente e libre a súa sexualidade”.

No hay comentarios: